As adiccións ás apostas on line

As adiccións ás apostas on line
11 de Outubro, 2018 - 11:59 h. | Publicada por Radio Neria

A Deputación da Coruña pon en marcha un programa de prevención de adiccións destinado á poboación adolescente. Pretende disminuir ou erradicar o consumo de sustancias nocivas para a saúde e atallar outras condutas adictivas neste colectivo.
A iniciativa busca "actuar na prevención das adiccións entre a poboación máis nova", intervindo, para iso, no ámbito social, familiar e educativo. Xurde da detección dun "repunte" no número de condutas adictivas e na aparición de problemas xenerados polas apostas online e o uso descontrolado das redes sociais.

 

ESCOITA O PODCAST:
Ana Seco, coordenadora do programa Zero Adiccións

Zero Adiccións centraráse en persoas entre os 12 e os 18 anos, nos centros educativos e tamén nos lugares de lecer. Para a súa posta en marcha, a coordinadora do programa, Ana Seco, explicou que se comezou xa a establecer contactos cos diferentes concellos co fin de establecer as datas de celebración de obradoiros. charlas e outros eventos. A iniciativa quere promover a educación en valores e a convivencia e previr os consumos de toda índole dende idades temperás. Comezará o vindeiro luns en Muros.

Sociedade

Publica o teu comentario agora