A adolescencia, unha etapa crítica para os proxenitores

A adolescencia, unha etapa crítica para os proxenitores

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o título “Tempos e espazos para as familias: máis que un teito” os servizos sociais de Fene organizan uns cursos para favorecer a comunicación entre pais, nais e fillos e fillas adolescentes. Os temas principais que se tratarán levan o título  “Atreverse a mandar! Normas e límites” e “Os adolescentes: a aventura de facerse maior”.

“Tempos e espazos para familias” é un lugar de encontro onde poder debater e reflexionar sobre o papel educador da familia.

Cada grupo de traballo estará formado por un número de persoas de entre 12 e 20 anos, onde se comparten experiencias e información. Coordinarase  pola pedagoga municipal e entregarase o material necesario para realizar actividades de grupo que axuden a crear, reflexionar e conseguir na medida do posible os obxectivosque se persiguen. O fin último é chegar a un entendemento entre os proxenitores e os mozos e mozas adolescentes nesta etapa tan importante da súa vida. Tocaranse aspectos como o tema a das drogas, o tempo de ocio, ou as normas na adolescencia.

Esta acción formativa desenvolveranse ao longo de todo o curso escolar nos diferentes Centros de Ensino. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 3 de novembrono departamento de servizos sociais, ou ben nos centros escolares.Cada curso terá unha duración de cinco sesións de hora e media cada unha, un día á semana.

Contan con máis información no Departamento de Servizos Sociais municipais, Avda Naturais, 44 entrechán. Teléfono 981.34.26.07, caixa electrónica: servizos.sociais@fene.dicoruna.es ou ben na páxina web fenecidadan.net.

Sociedade