As adopcións dispáranse no Refuxio de Animais de Ferrol

As adopcións dispáranse no Refuxio de Animais de Ferrol

21 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Rafael Fernández Beceiro, fixo balanzo esta mañá dos cinco primeiros meses do Centro Municipal de Recollida de Animais inaugurado no entorno de Mougá o pasado mes de agosto polo alcalde, Vicente Irisarri, e dar conta dunha interesante iniciativa para fomentar a adopción de mascotas na cidade. O edil explicou que durante este periodo o centro recolleu máis de 200 animais, dos que 148 foron cans, 31 gatos e 12 cabalos. As&ia

Rafael Fernández amosou a súa satisfacción polo alto grao de adopcións rexistradas, superior ao doutros centros da Comunidade e asegurou que esta é a liña a seguir polo goberno municipal. Esta aposta clara pola adopción, unida ao feito de que ata o momento non se rexistraron problemas de sobreocupación, permitiu que o Centro non tivese que recurrir ao sacrificio de animais e que as escasas eutanasias practicadas responderon a cuestións de saúde dos animais. 

Doutra banda, o concelleiro de Medio Ambiente anunciou a apertura do prazo de para unha xornada que o Concello ten pensando levar a cabo durante o mes de febreiro nas instalacións ubicadas en Mougá para dar a coñecelas e, sobre todo, fomentar a adopción de animais. A xornada estará aberta á cidadanía, previa inscrición, e nela unha veterinaria do centro impartirá unha sesión na que dará consellos de carácter sanitario en torno ás mascotas e un adestrador de animais profesionais explicará nocións básicas de adestramento e obediencia. Profundizaranse nos coidados que requiren as mascotas. Formaránse grupos de 20 persoas para facilitar as clases e, neste senso, o concelleiro avanzou que se hai demanda se programarán máis xornadas. Para anotarse: no departamento municipal de Medio Ambiente, medioambiente@ferrol.es. ou 981 94 4 160 en horario de mañá) antes do 11 de febreiro. 

O edil aproveitou a ocasión para animar á cidadanía a visitar a web do Refuxio Ferrol Adopta www.ferrol.es/refuxio. coa que o Concello tamén quere favorecer a acollida de cans ou felinos do Centro de Acollida de Animais entre os cidadáns e cidadáns non só de Ferrol senón de calquera punto de España. Nela, pode obter ampla información acerca do dito refuxio, desde a  súa ubicación, nas inmediacións da Aula Reciclaterra, en Mougá, ata as características das instalacións, que dispoñen de 37 compartimentos e dunha clínica veterinaria. Tamén contan cunha sala de corentena para animais doentes e outros recén chegados que están pendentes de observación. Así mesmo, dáse información sobre a capacidade dos habitáculos, os cales dispoñen de zonas de sombra e sol e están perfectamente equipados contra a choiva. Non só iso, ademais de poder visualizar un mapa de localización do Centro de Acollida de Animais, a web Ferrol Adopta facilita unha listaxe de todos os animais, cans ou gatos, que son susceptibles de adopción, acompañdos dunha fotografía.  

Respecto ao proceso de adopción, as persoas que desexen acoller a un destes animais necesitan cubrir unha folla de solicitude, a cal se pode recoller na Concellería de Medio Ambiente, ubicada no segundo andar do pazo municipal, ou no propio Refuxio de Animais. Novamente, para facilitar este trámite desde o inicio, Ferrol Adopta ofrece a posibilidade de descargar o dito documento, no que se solicita información acerca dos datos persoais do futuro adoptante (nome, DNI, enderezo, número de teléfono, etc.), a dirección na que vai estar o animal, por se é diferente á do domicilio habitual do seu posible dono, o número de persoas coas que conviviría a mascota (nenos, maiores...), as preferencias (idade, raza, especie ou sexo, entre outras características) ou a data na que estaría interesado en recollela.

Sociedade