Aeorportos pechados ata as 18 horas

Aeorportos pechados ata as 18 horas

08 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

As compañías aéreas buscan solucións para a situación creada tras o peche dos aeroportos da cornisa cantábrica pola chegada da nube volcánica. Diante da cancelación dos vóos previstos para este sábado ofrecen aos pasaxeiros a posibilidade de cambiar o billete para outro dia ou reintegrar o importe desembolsado. Para un avión a Lanzarote que tiña previsto sair esta tarde desde Santiago de Compostela, contratouse un autob&uacu

Os aeroportos de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Asturias, Santander, Burgos, León, Valladolid, Salamanca, Bilbao, San Sebastián, Vitoria, Zaragoza, Pamplona, A Rioxa e Lleida foron pechados durante esta madrugada e manteranse clausurados até "polo menos" as 18:00 horas deste sábado pola chegada ao norte peninsular da nube de cinzas que orixinou a erupción do volcán islandés Eyjafjalla.

Fontes de Aena explican que se manterán pendentes da evolución da nube, que chegou ao espazo aéreo español ás 02:00 horas da madrugada. O peche levouse a cabo a indicación de Eurocontrol, a Axencia Europea para a Seguridade na Navegación Aérea, despois de que se constatase a dirección tomada polas cinzas xurdidas das erupciones de onte á noite do volcán islandés.

Aena tamén indicou que os aeroportos da Coruña e Vigo quedaron pechados a partir das 06:30 horas da mañá, así como o de Santiago de Compostela, que foi o primeiro en pechar, ás 02:00 horas.

Aena mantén a súa recomendación aos viaxeiros que chamen ás aerolíneas coas que teñen previsto voar para coñecer o estado dos seus voos antes de acudir ao aeroporto ou que se informen no teléfono 902-404-704 de Aena.

En total, nos aeroportos afectados hai programados para hoxe 190 voos, xa que Santiago tiña previstas 48 operacións; A Coruña, 23; Vigo, 26; Asturias, 38; Santander, 26; Valladolid, 17; León, 8; e Salamanca, 4. No caso de Burgos, non estaba programado ningún voo comercial.

Sociedade