AETNA fala da situación da Ría de Ferrol

AETNA fala da situación da Ría de Ferrol

18 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Volvemos a Fene para falar da Semana Cultural de AETNA en Maniños. Unha charla sobre a Ría, unha Andaina pola boca da ría e unha churrascada no muíño, son o culme da incansable  actividade que levou a cabo a asociación durante todo o ano.  No local da Asociación etnográfica falará o membro da SGHN, Xoan Rodriguez Silvar, sobre a “Situación da Ría”, o martes da semana que ven, o día 25 . A president

O dia 28 de xuño ás 16.00h sairán os coches para a andaina polo porto exterior de Ferrol e o castelo de San Felipe para retornar a iso das 20.00h e participar na sardiñada de San Pedro que ofrece o Pote de Maniños.

Para rematar, o dia 29 Aetna dá a benvida ao verán coa churrascada nas inmediacións do Muiño de Emiliano. A presidenta de Aetna aproveita para reclamar unha vez mais a sua posta a punto.

Sociedade