AFACO celebra a súa primeira asamblea xeral ordinaria

AFACO celebra a súa primeira asamblea xeral ordinaria

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O vindeiro mércores 16 de decembro celébrase a primeira Asamblea Anual Ordinaria da Asociación AFACO, que engloba aos clubs de fútbol da Comarca de Ferrolterra salvo as entidades da cidade de Ferrol que están englobadas en AFAFE. O pasado 27 de novembro celebrouse o primeiro aniversario da creación de AFACO. A Asamblea Ordinaria tratará a renovación de cargos e o estado de contas.

AFACO naceu como unha entidade que busca solucións aos problemas conxuntos que teñen os distintos clubs de fútbol da nosa bisbarra. A falta de campos, as viaxes, as arbitraxes, etc….O pasado xoves 26 de novembro celebrouse unha reunión informativa nos locais da Solaina en Narón onde se trataron puntos clave como a preocupación pola atención médica aos xogadores por parte da Mutua Deportiva. O estado da polémica sobre os arbitros-entrenadores nesta demarcarción de Ferrol e outros asuntos menores.

Deportes