Agarimo de Sillobre entre a solidaridade e as Letras Galegas

Agarimo de Sillobre entre a solidaridade e as Letras Galegas

29 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Agarimo de Sillobre - Fene- acolle esta semana, os día 1 e 3 de maio, as 1ª Xornadas solidarias da Moda en apoio das entidades benéficas do concello de Fene. Os primeiros desfiles serán o xoves día 1 a partir das oito da tarde, igual que o sabado. Agarimo prepara tamén a celebración das Letras Galegas que arrincan o 10 de maio co Serán Musicald e Primavera e remata o 31 coa estrea teatral "Alma en pena" dirixida por Andrés

Agarimo de Sillobre acolle esta semana, os día 1 e 3 de maio, as 1ª Xornadas solidarias da moda en apoio das entidades benéficas do concello de Fene. Os primeiros desfiles serán o xoves día 1 a partir das oito da tarde, igual que o sabado. Numeros comercios relacionados co textil, a imaxe ou a perruquería colaboran coas xornadas nas que agarda actuacións musicais e gran variedade de exposicións. O donativo mínimo que debe aportar o público é dun euro. Agarimo entregará a recadación aos SS SS municipais.

A sociedade Agarimo de Sillobre instalará unha enorme pasarela para os desfiles de modelos. As tendas locais e comarcais encárganse de proporcionar os modelos infantís e xuvenís para os pases, onde se verán modelos de noivos e de comunións, segundo o presidente da entidade, Alberto Doce.

Xoves 01 de Maio, ás 20 horas. Desfile xentileza de:

Peluqueria Terciopelo
Refaixo
Sueños. Spa Urbano. Peluquería Unisex

Sábado 03 de Maio, ás 20 horas. Desfile xentileza de:

Carmen. Moda Infantil
Peluquería Filucha

Colaboran:
Iris Producións
Don Bodas
Igmar
Concello de Fene

Letras Galegas

Agarimo pechou tamén o programa das Letras Galegas que arrincarán en Sillobre o sabado 10 de maio (21.30) cun Serán Musical de primavera no que actuarán Humberto e Cuco. Contémplase un buffet con cócteles pola noite. (15 e 6 €). Unha iniciativa que se sae do tradicional baile das flores que organizaban hai tempo.

O día 17 de maio, convocan a V Ruta de sendeirismo que partirá da sociedade ás 9,30 da mañá e retornará ao mesmo lugar ás 13h despois de percorrer os lugares máis bonitos da parroquia.

O domingo 18 será musical, co Certame de Corais coas actuacións do Coro xuvenil e a Coral de Agarimo. A convidada será Sonidos del Alba.

As Letras Galegas conclúen en Sillobre coa estrea da obra de teatro “Alma en pena” por parte do elenco teatral da sociedade que dirixe, Andrés Picallo. Ao final, a queimada porá o ramo ás Letras en Sillobre.

Sociedade