Agora toca esquiar

Oito rapaces de Fene acudirán á campaña de inverno da Deputación provincial
07 de Xaneiro, 2019 - 10:50 h. | Publicada por Radio Fene

Fene participa con oito rapaces na campaña da neve. A Fene tócalle a cuarta quenda, entre o 15 e 18 de febreiro. O dia 10 remata o prazo para inscribirse na incursión na neve en Cabeza de Manzaneda.

Fene pecha o Nadal esta tarde. É o último dia de disfrute da pista de xeo ubicada en San Valentín que abrirá ás 16,30 e pechará ás 20.30 horas. Unha pista de xeo que serviu de adestramento para aqueles rapaces-as que desexen participar na campaña da neve da Deputación da Coruña. Fene é un dos concellos que participa na campaña de inverno do organismo provincial. Rapaces e rapazas entre 11 e 15 anos disfrutarán dunha estancia en Cabeza de Manzaneda (Ourense). Cada grupo disfrutará de catro días na estación invernal galega- entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro- recibindo clases de esquí. A Fene tócalle a cuarta quenda que vai do 15 ao 18 de febreiro.

É preciso inscribirse no concello antes do 10 de xaneiro, así que o xoves será o último dia. Para participar é preciso formalizar a preinscrición no departamento de Cultura e Deportes –Avenida Naturais, 44, entrechán ata o 10 de xaneiro, de luns a venres de 9,30 a 13,30 horas. O mércores 9 de xaneiro tamén se recollerán preinscricións de 16 a 18 h. Será preciso achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene e cubrir a correspondente ficha. Fene dispón de oito prazas. A cota é de 85€ con todo incluído: transporte, estadía e manutención. Ademais das clases de esquí, seguro e o alugamento do material para esquiar.

Deportes

Publica o teu comentario agora