Agradecidos

A parroquia de Magalofes lembrará a Antón Pita nesta edición das Letras Galegas
09 de Maio, 2019 - 10:25 h. | Publicada por Radio Fene

O monólogo de Pedro Brandariz o sabado 18 de maio, un dos pratos fortes da celebración das Letras Galegas en Magalofes (Fene).

ESCOITA O PODCAST:

A parroquia de Magalofes pechou o programa de celebración das Letras Galegas que empeza este venres 10 de maio coa actuación de Os Trovadores de Ares no local veciñal.

O mesmo venres 17 celebran un obradoiro de panadería para nenos ás 11 da mañá e á unha do mediodía colocarase unha placa en homenaxe ao que foi veciño de Magalofes; Antón Pita, quen tivo a iniciativa de construir o local social da parroquia aló polo ano 1986. Faleceu dez anos despois, en agosto de 1996.

O sabado 18 abrirase ás 11h a exposición de labores da escola de Palilleiras. Ás 21h comezará o Monólogo de Pedro Brandariz.

O domingo 19 a AVV de Magalofes celebra o xantar do socio ás duas da tarde. Hai que anotarse o dia 16 como último dia.

Cultura

Publica o teu comentario agora