Agroman os atrancos no novo curso escolar

Agroman os atrancos no novo curso escolar

11 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Asomamonos á escola, na víspera do comenzo dun novo curso escolar en infantil e primaria, precedido dun descenso importante do número de profesores (1000 docentes menos que o ano pasado, segundo os sindicatos)  e unha maior ratio de alumnos por aula. Escoitamos a catro directoras dos centros de Fene para coñecer como lles afectan estas circunstancias. Todolos dias falamos de recortes pero hoxe en particular dos recortes no ensino, porque estamos ás portas do ini

A directora do colexio Os Casais de Maniños, Lorena Pita Fraga, atopouse coa sorpresa esta semana de que non ten asignada a secretaría para o centro, algo que redundará no seu traballo persoal.
A xefa de estudos do Ramo de Barallobre, Lucía Rojo Iglesias, queixábase entre outras cousas, da sustitución dunha praza definitiva de mestra por outra interina,cos problemas que iso supón de continuidade ou non no centro que este ano terá 81 alumnos-as.
Algo similar ocurre no colexio Centieiras de Perlío coa praza de orientadora, que por derto aínda non foi designada, pero que cambia cada ano cos problemas que iso supón de empezar de cero, segundo afirma a directora, Carmen Leira.
A ese inconveniente hai que engadir o ter que compartir entre dous ou tres centros a praza de mestre especialista en audición e linguaxe.

O caso do IES de Fene é mais complicado administrativamente falando porque é un centro que recolle alumnado de diferentes niveis: ESO, Bachelerato e FP. A nova directora, María Nogareda, atópase cun problema crucial a cinco dias do comezo do curso escolar para educación secundaria. Que aínda se están a realizar as matrículas e sen ese dato non se pode ultimar o calendario do curso escolar e o reparto de profesorado.

Aos problemas de merma de pofesorado ou reparto de funcións hai que engadir que o novo curso chega no momento máis duro da crise económica e o desenbolso das familias en libros de texto ou material escolar está máis complicado. Todolos centros, todalas anpas e o profesorado empréganse a fondo para colaborar no aforro familiar. Aproveitaranse libros do ano pasado, suprimiranse os de algunhas asignaturas, reciclaranse libretas e aproveitaranse ao máximo os medios dos que xa dispoñen familias e centros.

Por último está a situación física dos centros que en xeral continuan coas mesmas carencias: peches, ventás, ximnasios...

Sociedade