Airiños de Fene reformúlase

Airiños de Fene reformúlase

17 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 40 persoas forman parte da banda de gaitas Airiños de Fene. A entidade imparte na escola de Souto Grande de Barallobre (Fene A Coruña) clases de canto, baile e percusión. Son 18 gaiteiros e grupos de cantareiras, percusión, pandereteiras, etcétera. O seu director Miguel Doval, transmítelles ilusión e amor pola música.

Airiños de Fene acudiu ao Festival Internacional de Lorient en Bretaña nos anos 1999, 2001 e 2009. Preparou no ano 2003 o espectáculo “Identidade”, do que editaron tamén un CD. Agora traballan nunha reformulación para adaptarse aos novos tempos. Ademáis da formación ao completo como banda, queren artellar grupos máis pequenos que preparen espectáculos menos numerosos e de maior calidade.

Cultura