Akka Essaadaqui, gañador absoluto do III Cross Ambiental Concello de Ordes

Akka Essaadaqui, gañador absoluto do III Cross Ambiental Concello de Ordes

07 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O municipio ordense viviu na mañá de onte unha das súas citas deportivas anuais, o III Cross Ambiental Concello de Ordes “Memorial Estebo Jose”, organizado polo Clube de Ateltismo Ordes coa colaboración do Concello de Ordes. A partir das dez da mañá deron comenzo as carreiras das diferentes categorías, nunhas probas que contaron cun alto grao de participación e con centos de corredores que se deron cita no campo da f

Finalmente proclamouse campión da proba absoluta Akka Essaadaqui, ao que seguiron no pódium Luis Alfonso Novo Veiga e Juan Carlos Barro Rochela, segundo e terceiro clasificado, respectivamente. 

Houbo trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, e premios en metálico para os tres primeiros das categorías femenina e masculina da carreira absoluta e da proba de canicross. Ademais tamén se entregaron medallas para os participantes de 0 a 8 anos e camisetas e unha entrada para o Museo do Traxe Juan José Linares para todos os participantes. 

Os encargados de facer entrega dos trofeos aos gañadores de cada unha das categorías foron o concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións, José Luis Gómez Candal e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín, que mostraron a súa satisfacción polo éxito desta nova edición do Cross, agradecendo ademais a participación de todos os asistentes e mostrando a aposta do Concello de Ordes polo deporte.

Deportes