Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta: “Non hai caso Fegas”

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta: “Non hai caso Fegas”

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

"Non hai nada” no caso da sede do PPdeG en Santiago, declarou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tralo Consello de Goberno. O líder dos populares galegos asegurou que non se pagaron sobreprezos pola sede do Fegas con cartos públicos para enmascarar a adquisición das oficinas do partido. Núñez Feijóo entende que, se o bipartito non dixo nada mentres ocupou as instalacións do Sergas, “ou é cómplice n

Verbo doutros asuntos relacionados con actuacións ilegais no seo do PP, o número 2 do PP de Valencia, Ricardo Costa, foi destituido dos seus cargos por mor da súa presunta implicación na trama corrupta Gurtel. Malia as reticencias do presidente da Generalitat, Francisco Camps, a dirección autonómica acatou as ordes de Génova e purgou a Costa. Ao senador galego do PP e ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, a actuación de Rajoy no caso do financiamento ilícito da forza conservadora parécelle axeitado, pero non as ten todas consigo respecto a Francisco Camps. Fraga pensa que, se agocha algo, ao líder da oposición non lle tremerá a man con el.

Sociedade