Alcanzar ás terceiras

Alcanzar ás terceiras
18 de Febreiro, 2022 - 12:22 h. | Publicada por Radio Fene

Segunda División do fútbol feminino. Torre – Perlío. Domingo, as seis da tarde no campo da Torre na Coruña. Colexiado Andrés Lopez. O Torre é terceiro con 26 puntos. O Perlío é cuarto con 18. O equipo coruñés ten un partido mais e o conxunto dos Pinares quere darlle alcance. Pero todo pasa polo partido desta fin de semana, lembra o técnico Juan José Lorenzo. 

Fotografía Xan Xe

Fútbol sete feminino.

O Cultural Maniños comeza a Liga de fútbol sete feminino. Na Primeira xornada visita ao Galicia de Caranza. O partido xogarase o domingo ás 10,30 da mañá no campo de Caranza. Na Liga non se poden cometer os mesmos fallos que na Copa, segundo o adestrador Carlos Gómez. 

A pasada fin de semana, partido de Copa. Capela 1 – 2 Maniños. Os dous equipos xa estaban clasificados para as semifinais da competición polo que non había moita tensión. O Cultural Maniños deulle a volta ao resultado, xa que o Capela marcou de principio. Foi un partido moi disputado, bonito, igualado e con moito público nas bancadas do campo dos Calzados.

Deportes

Publica o teu comentario agora