Alecrín non considera de todo 'valente' o prazo de 14 semanas para o aborto libre

Alecrín non considera de todo 'valente' o prazo de 14 semanas para o aborto libre

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As mulleres poderán decidir libremente sobre a interrupción do seu embarazo nun prazo de 14 semanas sen xustificación e de 22 semanas baixo certos supostos. Os 16 anos fíxanse como a idade na que se ten autonomía de decisión. Esa é a proposta consesuada polo Grupo Socialista n

A voceira de Alecrín recoñece "cansanzo" por unha loita de moitos anos: "Era imprescindible que as menores de idade puidesen decidir sobre o seu propio corpo, pero preferiamos que fose xa a partir dos 15 anos", insiste Ana Míguez. Na fórmula que se vai a plantexar en España, as mozas de entre 12 e 16 anos poderán acceder ao aborto previa consulta coa familia. Con todo, Míguez considera que o avance non é todo o valente que puidera ter sido. A lexislación doutros países permite que o a interrupción do embarazo sexa unha decisión libre ata as 24 semanas, namentras que a proposta que vai estudar o Goberno español plantexa un tope de 22 semanas sempre que exista malformación do feto ou risco para a saúde da muller.

Outro aspecto do texto sobre o que traballará o Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero establece a imposibilidade dos centros sanitarios de invocar a obxeción de conciencia. Así as cousas, no caso de que un facultativo se negue a practicar o aborto, o sistema sanitario deberá garantir que a paciente poida exercer o seu dereito a deter a xestación. “Calquer funcionario que estea na sanidade pública non pode obxectar: senón que deixe de traballar alí. É algo básico”, conclúe a presidenta do colectivo feminista, sen esquecerse de denunciar o “moitísimo cinismo” que na sanidade se ten exercido á hora de garantir o dereito á interrupción voluntaria do embarazo.

Sociedade