Alegre como unha mañá de perdices

Alegre como unha mañá de perdices
10 de Decembro, 2018 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

Alegre como unha mañá de perdices rematou a S.D. Barallobre o partido de fútbol da Segunda Galicia disputado no campo do Pote diante do Maniños B. A pesar do empate a uns que rexistraba o marcador no descanso, ao remate chegouse cun Maniños B 1- 4 Barallobre.

ESCOITA O PODCAST:
Maniños B 1 - 4 S.D.Barallobre

Foi un encontro igualado e competido e o campo do Pote está espectacular, en palabras do adestrador do Barallobre Öscar Varela.

Áreas

"O fútbol decídese nas áreas e as veces temos fallos de concentración incomprensibeis” afirma o adestrador do Maniños B José Manuel Freire, quen tamén conclue: “Démoslle o primeiro gol cun agasallo e ainda así, ata que nos meteron o segundo gol, mantíñamos o control do xogo”. O filial do equipo do Pote chegou a contar con oito xogadores suvenís no campo e logrou competir diante dun dos primeiros equipos da categoría.

“Estamos dominando os partidos e rematamos fisicamente ben e só nos falta eliminar os erros nas áreas” salienta Freire.

Deportes

Publica o teu comentario agora