Alejo Carpentier en París

Alejo Carpentier en París
28 de Decembro, 2018 - 10:39 h. | Publicada por Radio Fene

Fora encarcelado pola dictadura de Machado en 1927. Puxéranme en liberdade baixo fianza. Estaba ansioso de irme de Cuba. Queimado politicamente non podía facer nada. Pensara en irme a México pero entón coñece a Robert Desnos quen lle di: Por qué non ves a París?  Son algunhas das manifestacións de Alejo Carpentier a Ramón Chao Rego arredor dos seus primeiros contactos co surrealismo en Francia. Soplaban ventos de rebeldía contra André Bretón.

ESCOITA O PODCAST:
Libros de Alejo Carpentier na biblioteca municipal de Fene

Venres  16 de marzo    de 1928.  O  vapor  Espagne, ancorado  nun peirao de     A Habana,  disponse  a regresar    ao  porto  de Saint-Nazaire.    Media  hora  antes da súa  partida,  os  pasaxeiros   soben   a bordo,    mostrando   as súas respectivas credenciais. Un deles, falando en perfecto francés, ensina aos  oficiais  da  aduana  o seu  cartón de xornalista    do  diario La Razón de Buenos Aires.    Ninguén  sospeita,  porque  o  cartón  non  ten  fotografía,  que  algo estraño está a suceder.  O xornalista acreditado de La Razón, Robert   Desnos,  xa  en cuberta,    descende  rapidamente ao seu camarote.  Mentres tanto,  outro Robert Desnos, chega ante os oficiais  da aduana. Perdeu os seus  papeis, di. Desde  o  barco  algúns  coñecidos  identifícano.  Logra por fin    subir  cando  levantan  a  ponte.  O  vapor  Espagne zarpa,  e  deixa atrás  as  augas  territoriais  cubanas.  Só  entón,  o  misterioso  primeiro  Robert Desnos, acompañado  polo outro, preséntase  ante  o sobrecargo  do transatlántico. Acepta ser un pasaxeiro clandestino, sen pasaporte, sen  papeis. Fuxiu  de Cuba. O seu  nome: Alejo  Carpentier.  Alejo Carpentier en París (1928-1939) Carmen Vasquez. Universidade de Picardie. https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/aepe/pdf/coloquio_2006...

Cultura

Publica o teu comentario agora