Alerta de temporal na costa de Galicia

Alerta de temporal na costa de Galicia

20 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Tanto Meteogalicia como a Axencia Estatal de Meteoroloxia coinciden no prognóstico dunha nova e profunda borrasca atlántica que chegará esta noite a Galicia. Soplarán fortes ventos do Sur tanto esta noite como mañá domingo. Poderán superar os 100 quilómetros por hora en puntos da costa da Coruña e Pontevedra.

Meteogalicia anuncia ceos moi anubrados ou cubertos con chuvias xeneralizadas, con caracter persistente e puntualmente moderadas nas provincias atlánticas, onde poderían vir acompañadas de treboadas. A neve aparecerá por riba dos 1200-1400 metros. Tamén aparecerá mala visibilidade en zonas montañosas por néboas. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso.Os ventos soplarán do sur ou sudoeste, fortes ou moi fortes en xeral, con refachos que superarán os 100km/h en puntos costeiros durante a madrugada e oscilarán entre 70-90km/h no resto de Galicia.
Na xornada do domingo, unha borrasca moi profunda cruzará moi preto ao noroeste de Galicia, deixándonos os ceos moi anubrados ou cubertos e chuvias xeneralizadas, máis persistentes e intensas nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde poderían vir acompañadas de treboadas. A cota de neve situarase por riba dos 1200-1400 metros. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán do suroeste, fortes ou moi fortes en xeral.
Sociedade