Alerta polo temporal na costa de Galicia

Alerta polo temporal na costa de Galicia

06 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

As costas da Coruña e Pontevedra están en alerta laranxa esta mañá. A situación empeorará pola tarde. En Santa Comba houbo precipitacións de ata 77 litros por metro cadrado. En Pontevedra un conductor quedou atrapado no rio Gafos e tivo que ser rescatado polos bombeiros. En Burela e Lousame rexistráronse fortes rafas de vento de ata 127 quilómetros por hora.

Durante esta xornada do luns, día 6 de decembro, a costa galega permanece en alerta vermella por un temporal que poderá deixar ondas de até nove metros, segundo informou a Dirección de xeral de Emerxencias e Interior.

   Este nivel de alerta vermello activarase a partir das 12,00 horas na costa do noroeste e oeste da provincia da Coruña, onde haberá mar combinado de oeste-noroeste e poderanse alcanzar ondas de oito a nove metros, conforme sinala a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

   A partir das 15,00 horas esta mesma situación estenderase ao suroeste da costa coruñesa e ao litoral de Pontevedra. Por parte, manterase o nivel laranxa na costa lucense, onde tamén se espera mar combinado de oeste-noroeste e ondas de cinco a sete metros.

   Co fin de garantir a seguridade de bens e persoas, o departamento autonómico, a través do CAE 112 Galicia, informou da situación a todos os municipios do tres provincias afectadas, ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección Civil, así como aos clubs náuticos.

   Así mesmo, lembrou á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompientes para previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Sociedade