Alexandre Ripoll: “Se isto segue así, o galego desaparece”

Alexandre Ripoll: “Se isto segue así, o galego desaparece”

20 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Se isto segue así, o idioma galego desaparece”. Así de concluinte amósase o catedrático de Lingua Galega do IES de Fene Alexandre Ripoll. O profesor indica que a lingua de Galicia é algo residual entre a xente nova dos ámbitos urbanos. Ripoll asocia o descenso na utilización do idioma propio, coa baixa autoestima e engade: “mentras os galego-falantes non poidamos vivir plenamente en galego, non se poderá falar de normalización

Tamén coincide con esa visión pesimista o profesor da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro para quen “a situación é moi preocupante e dramática para o galego”. Fan esas manifestacións á luz dos dados extraidos dos censos do INE onde se reflexa a perda de falantes do galego na década entre o 2001 e o 2011.

Sociedade