As alfombristas do Corpus advirten que a tradición desaparecerá se non se suman as novas xeracións.

As alfombristas do Corpus advirten que a tradición desaparecerá se non se suman as novas xeracións.

30 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As mulleres que dende hai días xa están a traballar no Multiusos da Xunqueira nos traballos previos á elaboración das alfombras do Corpus aseguran que ano tras ano son menos os voluntarios que colaboran. O relevo xeracional é un dos grandes problemas cos que se enfronta a tradición, xa que non hai novas mans para realizar a labor de buscar material, ir a pedir flor polos domicilios e, sobre todo, traballar na preparación dos vexetais que teñen que esta

Agora traballan sobre todo co mirto, o eucalipto ou o pampullo mentres que nos días previos á celebración da festa da coca – que este ano se celebra entre os días 11 e 14 de xuño- comezarán xa a traballar coa flor. Os que queiran colaborar non teñen máis que achegarse ao Multiusos da Xunqueira, onde un grupo formado principalmente por mulleres están a traballar dende hai días.

Sociedade