Alfonso Rueda ponse aos fogóns por unha causa solidaria

Alfonso Rueda ponse aos fogóns por unha causa solidaria

08 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O recentemente nomeado vicepresidente da Xunta, ademais de conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, participará no obradoiro de Cociña Sa de Nadal que se desenvolverá no marco da campaña Xuntos Podemos o luns ás sete da tarde no Pazo de San Lorenzo, en Santiago de Compostela. A marca galega de aceite de oliva virxe extra Olei patrocina o evento solidario no que tomará parte o alto cargo e que estará dirixido

Os asistentes ao taller de cociña serán os encargados de elaborar, baixo as directrices de Ferradás,  tres propostas culinarias de tradición do Nadal escollidas para a ocasión e que precisan do aceite de oliva na súa preparación. O menú componse de ensalada de salmón afumado, froitos secos, mazá e queixo; roast beef de solombo, puré de reinetas, pataca e verduriñas de tempada; e, de sobremesa, coulan de chocolate e amorodos especiais de Nadal. Todos os pratos poderán ser degustados posteriormente polos asistentes ao curso solidario.

O importe recadado da inscrición (30 euros por asistente) destinarase integramente á campaña Xuntos Podemos, unha iniciativa para axudar ás persoas con menos recursos de Santiago e comarca, e a todos aqueles que acudan este Nadal ao Albergue de Acollida dos Pais Franciscanos de Santiago de Compostela.

Sociedade