Alimentación saudable no Multiusos

Alimentación saudable no Multiusos

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Unha charla e unha degustación de produtos servirán para promover as boas prácticas na alimentación. Unha xornada sobre alimentación saudable que se vai desenvolver hoxe xoves no Multiusos da Xunqueira ás 19:30 horas con entrada de balde. A xornada comezará cunha charla coloquio impartida polo nutricionista e Presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, Nicanor Floro Andrés

A continuación a cociñeira profesional Helena Argúello elaborará in situ un menú saudable que será degustado polos asistentes. Unha actividade organizada pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade que continúa así coas actividades englobadas nun programa mías amplo que ten como eixo central a saúde e a promoción de prácticas encamiñadas a mellorar a nosa calidade de vida

Sociedade