Alimentos Lácteos aluga a fábrica de Pascual en Lugo por once anos

Alimentos Lácteos aluga a fábrica de Pascual en Lugo por once anos

23 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A planta de Leite Pascual na localidade lucense de Outeiro de Rei retomará a actividade a pleno rendemento dentro de 20 días. A maquinaria volverá funcionar dez meses despois de que a marca burgalesa presentase un expediente de regulación de emprego que afectou a 155 traballadores. Agora continúan 71 que ficarán baixo o mando de Alimentos Lácteos S.A., o grupo de oito cooperativas lideradas por La Arzuana que nesta xornada asinaba con Pascual un contrato para

As tarefas de mantemento da maquinaria comezarán de inmediato, para que a fábrica poida comezar a tratar uns 400.000 litros diarios de leite a mediados de marzo. Alimentos Lácteos presentará unha marca de seu en abril e afirma que xa ten contratos coas grandes distribuidoras de leite.

Dende a Consellaría do Medio Rural, que favoreceu o acordo entre o grupo de La Arzuana e Pascual fronte a outra oferta de compra da factoría liderada por Feiraco e que sería desbotada, segundo as voces críticas, pola afinidade política dos novos xerentes coa Xunta, celebrouse a sinatura do acordo. Para o conselleiro Samuel Juárez é unha nova que debe satisfacer a todo o sector lácteo galego.

Ao acordo rubricado para a factoría de Outeiro de Rei hai que pedirlle “un mínimo de coherencia”, segundo o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García. “O proxecto ten sentido se agrupa a todas as cooperativas”, afirma ao tempo que comparte as sospeitas de intereses políticos no apoio á oferta de La Arzuana. O líder do sindicato maioritario no agro galego coida que o acordo se xestou de maneira “clandestina” e pide máis transparencia.

Sociedade