Allariz acolle o Torneo de Seleccións de Baloncesto

Allariz acolle o Torneo de Seleccións de Baloncesto

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, albergará os vindeiros días 5, 6 e 7 de decembro o Torneo de Seleccións de Baloncesto nas categorías infantil masculino e cadete feminina. O Pavillón Municipal de Allariz acollerá ás seleccións de Galiza, Castela León, Euskadi e Principado de Asturias.

 

O acto de clausura terá lugar o luns día 7 as 13:30 h, coa entrega de agasallos para os participantes. Elixirase, por parte dos adestradores, o quinteto ideal do torneo tanto na categoría infantil como cadete, ademais do “Xogador Turini” un recoñecemento ó espírito deportivo.

O domingo día 6 ás 20:30 h no salón do Fogar dos Maiores, celebrarase unha charla- coloquio: “Variables psicolóxicas no deporte” (aberta a todo o público) a cargo do Psicólogo da Federación Galega de Baloncesto Pelayo Suárez Fernández.

Deportes