Allariz acolle o VIII Mercado de Artesanía Arte de Man

Allariz acolle o VIII Mercado de Artesanía Arte de Man

09 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Cámara de Comercio de Ourense acolleu esta mañá a presentación da oitava edición do Mercado de Artesanía Arte de Man que organizan conxuntamente o Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns de Allariz. O vindeiro domingo 12 de setembro celebrarase esta cita no casco histórico da vila, concretamente na Praza Maior e na Pra

Na oitava edición participarán 24 artesáns chegados dende toda Galicia, dos que seis son da localidade alaricana, que durante todo o domingo terán expostos xoias, cerámica, esmaltes, madeira, cestería, téxtil, coiro e pintura.

Ademais de exposición e venda, tres artesáns locais Xaime Piñeiro, José Antonio González e Miriam Campomar ofrecerán demostracións en vivo directo do seu oficio, cerámica, cestería e coiro respectivamente.

Sociedade