Allariz apúntase aos seriais televisivos

Allariz apúntase aos seriais televisivos

22 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Veciños e veciñas de Allariz están a participar na creación dun serial televisivo. Dende os guionistas, cámaras ata os actores ou as persoas encargadas de vestiario e atrezo, están a colaborar na creación dun serial televisivo centrado nos desencontros familiares en torno a unha herdanza, unha trama típica galega con

Esta iniciativa nace no departamento de novas tecnoloxías cun obxectivo dobre: incentivar un espacio de lecer e formación en novas tecnoloxías ó mesmo tempo que permite dotar de contidos a Radio Televisión de Allariz, unha plataforma televisiva que emite no Casco Histórico de Allariz e a través de internet. Ata o de agora emite contidos turísticos e vídeos relacionados con programas levados a cabo no departamento de benestar social.

A serie, pensada tamén para divertirse, conta cun presuposto mínimo “tan só 150 € para os pinchos que se darán o día da estrea”, segundo apuntaba Francisco Feijóo.

As ganas e a ilusión dos preto de 40 veciños participantes son a base desta actividade, que comezaba a andar nas pasadas semanas. Despois do primeiro casting para contactar con xente interesada no serial e repartir as funcións que desempeñaría cada un, puxéronse mans á obra.

Os guionistas redactaron xa os primeiros capítulos, o músico elaborou a banda sonora e os cámaras e actores déronse cita o pasado sábado para gravar as primeiras secuencias.

A intención dos organizadores é “gravar xa os catro primeiros capítulos para poder empezar a emitir a teleserie en novembro”.

Sociedade