Allariz eliminará barreiras arquitectónicas da principal vía de comunicación da vila

Allariz eliminará barreiras arquitectónicas da principal vía de comunicación da vila

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Rúa Emilia Pardo Bazán vai ser sometida a unha serie de obras que culminarán coa eliminación de calquera barreira arquitectónica e que serán presentadas o venres, no salón de actos do Fogar do Maior,  a partir das once e media. Ademais, haberá unha segunda presentación aberta a toda a veciñanza, o sábado, partir das sete da tarde, na Estación de Autobuses.

Estas obras serán acometidas polo Concello de Allariz en convenio coa Fundación ONCE e o IMSERSO. No acto de presentación do venres estará presente o alcalde, Francisco García, a concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego, e representantes de entidades e colectivos afectados polas barreiras, como a Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI).

Institucional