Allariz entrega os premios Maiores con Iniciativa

Allariz entrega os premios Maiores con Iniciativa

11 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Un proxecto sobre herbas mediciñais vai ser galardoado este venres co Premio Maiores con Inciativa, que entrega a Concellería de Benestar Social alaricana. O proxecto chámase "As Herbas mediciñais en Allariz" e nel participaron 150 mulleres do contorno rural da vila.

A técnica de igualdade Ana Cardoso, describe o proxecto como unha recompilación de coñecementos tradicionais que agora van ser materializados nun video e un blog que recollerá toda a información. O premio será entregado mañá venres no Salón de Actos do Fogar do Maior de Allariz.

 

Sociedade