Allariz investirá o Fondo Estatal no complexo deportivo do Seixo e na administración electrónica

Allariz investirá o Fondo Estatal no complexo deportivo do Seixo e na administración electrónica

22 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A consignación de 615.000 euros procedentes do Fondo Estatal permitirá ao Concello de Allariz o remate da Cidade Deportiva do Seixo, mellorar o servizo de administración electrónica e cofinanciar parte do servizo de comida a domicilio. Cun presuposto de 460.000 euros, o consistorio alaricano levará a cabo as obras precisas para o remate d

“A ampliación da capacidade destas instalacións farán deste complexo, xunto co Camping, un espacio referente na calidade deportiva” apuntaba o rexedor municipal, Francisco García.

O Fondo Estatal, coa consignación de 60.000 euros, permitirá a mellora da administración electrónica, facilitando así a realización de trámites municipais a través deste servizo; e con 96.000 euros será cofinanciado parte do custo que supón o Xantar sobre rodas, un servizo municipal de comida a domicilio que serve diariamente a preto de 70 usuarios e usuarias.

Institucional