Allariz súmase ao Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Allariz súmase ao Día Internacional dos Dereitos da Infancia

19 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A área de Benestar Social do Concello de Allariz vén de conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, que se celebra internacionalmente mañá, sábado 20 de novembro. O Fogar do Maior foi o escenario elixido para a celebración das actividades programadas para ese día: a inauguración da exposición de fotografía “ Nicaragua: unha realidade viva” cedida polo Fondo Galego de Cooperación e Soliedariedade e a

A exposición ‘Nicaragua: unha realidade viva’ chega á vila alaricana, dentro do percorrido polas sedes de diferentes Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra reúne as imaxes tomadas polo recoñecido fotógrafo Eduardo J. Castro no marco do proxecto ‘A formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento’. A exposición, con entrada de balde, permanecerá no Fogar dos Maiores ata finais de novembro, e poderá visitarse de luns a venres, en horarios de mañá e tarde, ou ben o sábado de 16.30 a 19 horas.

‘Nicaragua: unha realidade viva’ inaugurarase esta tarde, ás sete, dentro das xornadas organizadas polo Concello de Allariz para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Coincidindo con esta data, no marco do ‘Programa de Educación Familiar en Allariz’ continúase a sensibilizar sobre a cuestión, este ano cun enfoque solidario cara as nenas e nenos dos países do Sur.   

Tras a inauguración da mostra, no Fogar do Maior desenvolverase a mesa de experiencias ‘Unha ollada á infancia sen dereitos’ na que, ademais dunha cooperante en Nicaragua e un representante da Fundación Meniños, intervirá a Concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego, que forma parte da Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Co fin de achegar a temática tamén aos máis novos, ofreceranse visitas á exposición tanto ao colexio de primaria coma ao IES de Allariz.

Cultura