Almorcemos como alemáns

Almorcemos como alemáns

09 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Berros do Castro, Julie Guravich, Renato Spencer, son os atractivos musicias das Xornadas Culturais da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol que durante tres dias, 10, 11 e 12 de marzo, nos introducirán na diversidade cultural dos paises cuxas linguas se aprenden na EOI ferrolá.

Pero non só hai música, tamén charlas, exposicións, cine, documentais e gastronomía, todo arredor de Italia, Portugal, Galiza, Gran Bretaña, Alemaña ou Francia.As xornadas ábrense mañán mércores cun almorzo alemán, ás 10 da mañán na cafeteria do centro, na rua Real. Péchanse ás 20,30 horas coa música brasileira de Renato Spencer.

Polo medio unha película francesa "Le petit Nicolas" e a charla de Guillaume Sacquet "Chartres  et la region centre". O departamento de Portugués oferta o documental "Deus, patria, autoridade" de Rui Simôes; o italiano proxecta "Il Gattopardo" e o de Galego estírase con "Pradolongo". Iso e máis no primeiro dia. As Xornadas Culturais da EOI de Ferrol son abertas ao público interesado que pode gozar dunhas actividades inusuais na cidade, de xeito gratuito.

Sociedade