Alonso Montero recupera a historia do lingüista represaliado polo franquismo Aníbal Otero

Alonso Montero recupera a historia do lingüista represaliado polo franquismo Aníbal Otero

02 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

En 1936, con 25 anos de idade, Aníbal Otero Álvarez (1911-1974) estaba considerado o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo, pero a súa carreira profesional viuse tronzada en agosto dese ano cando foi detido ilegalmente pola Policía portuguesa en Valença do Minho e despois entregado ás autoridades militares de Tui. Xes&

“Quería facerlle xustiza a Aníbal Otero como lingüista e como ser humano”, explicou nos micrófonos de Radiofusión Xesús Alonso Montero, quen atopou nesta historia a unión de dous dos seus grandes intereses: a memoria histórica e a filoloxía románica. “Se eu crese na providencia, pensaría que Deus me estaba a sinalar co dedo para facer esta obra”, asegurou.

Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo presentarase publicamente este sábado día 5 de marzo, data do aniversario do xuízo ao que se enfrontou o lingüista. O día 25 darase a coñecer tamén o libro en Ribeira de Piquín, a vila natal do homenaxeado.

Cultura