Alsacia en Ares, o mellor pincho

Alsacia en Ares, o mellor pincho

05 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pincho “Alsacia en Ares”, elaborado pola casa rural A Queira, foi, a xuizo do xurado, o mellor petisco, tanto de calidade como de sabor, da 1ª Ruta e Concurso de Pinchos de Ares, unha iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios de Ares (Asemares) coa colaboración do Concello. Nun acto celebrado na noite de onte venres nunha repleta Alianza Aresana e presidido polo alcalde, Julio Iglesias, o xefe de departamento de Hostalería do IES Fragas do Eume de Pontedeume

Ademais de A Queira, recibiron diploma Casa Reme, con Brazo de xitano de mar, como o pincho máis elaborado; o Club de Tenis de Redes, con patacas recheas de cacho con berza galega, como pincho de mellor presentación; O Pescador, con Sorpresa de mar e terra, como pincho máis innovador; e o Casino Aresán, con Mexilóns á vinagreta, como pincho máis tradicional. Ademais, o xurado tivo unha mención especial para a receita elaborada pola cafetería A Kafeta, a do Special-cho.  
Na súa intervención inicial, o alcalde subliñou a importancia da hostalería dun municipio que “ten moitas bondades que o fan moi atractivo”, pero que conta con este sector como única industria.

Sociedade