Alta cociña en miniatura

Alta cociña en miniatura
04 de Novembro, 2019 - 12:52 h. | Publicada por Radio Fene

Alta cociña en miniatura. O Certame de Tapas de Fene arrincará este venres. Once establecementos participan nun evento que se prolongará durante tres fins de semana. Como queira que se desexa aumentar a calidade do produto e da elaboración, as tapas vanse cobrar a 1,50€.

Rosa Balseiro. Cafetería Pachamama. Fene

Haberá coma sempre dúas modalidades; tapa tradicional ou creativa. Tanto hostaleiros como clientes participan en sorteos de agasallos. Entre os clientes que completen a Fenerruta visitando todos os establecementos, sortearase unha viaxe a Londres.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora