Alumnado do CEIP de Arzúa visitará mañá as dependencias do concello

Alumnado do CEIP de Arzúa visitará mañá as dependencias do concello

03 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Os alumnos do 1º ciclo de Educación Primaria do CEIP de Arzúa, acompañados polas súas respectivas titoras e mestras realizarán no día de mañá unha visita ás instalacións e dependencias da Casa Consistorial e da Biblioteca Municipal de Arzúa. Os 56 alumnos e alumnas do Centro Escolar serán recibidos polo Alcalde de Arzúa, Xaquín García, a partir das once da mañá e será o propio rexedor quen lles amos

A visita ás dependencias da Casa Consistorial permitiralle á comunidade escolar manter un primeiro contacto coas rutinas da administración, así coñecerán cales son os servizos que se prestan dende a institución local á cidadanía; terán información das diversas áreas nas que se distribúen os traballos e poderán contemplar as instalacións do fermoso Salón de Plenos.

Con posterioridade, ao redor das doce do medio día, desprazaranse ata as dependencias da Biblioteca Pública Rosalía de Castro, situada no Centro Sociocultural María Mariño, onde o propio bibliotecario, Ramón Torreiro, explicará aos alumnos os pormenores dun dos proxectos máis importantes executados polo Goberno Municipal nos últimos anos, nos que se investiron 60.000 na merca de material e mobiliario e 70.000 no acondicionamento do local. Na actualidade, a Biblioteca Pública conta cunha colección de 15519 documentos informatizados pertencentes a 1700 editoriais distintas. Hai ademais un Fondo Bibliográfico Local e un fondo específico do Camiño de Santiago. No módulo de usuarios están inscritos 1389 lectores. Integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, está dotada de reprodutores para gravación de son e vídeo, dispón de OPAC e sete puntos de acceso á rede de internet, cinco fixos e dous móbiles. Mañá será centro de atención dos escolares máis novos.

Institucional