"Ambulancias Low Cost"

A Unión Temporal de empresas “Ambulancias Ortigueira Ute” é quen desenvolve o servizo na nosa área sanitaria
12 de Xuño, 2019 - 02:18 h. | Publicada por Radio Fene

As ambulancias de transporte hospitalario no CHUF presentan moitas deficiencias, segundo denuncia a CIG.

O transporte sanitario do hospital Arquitecto Marcide presenta moitas deficiencias. Con estas palabras denuncia a CIG as condicions nas que traballa a Unión Temporal de empresas “Ambulancioas Ortigueira Ute” que é quen desenvolve o servizo.

E pon exemplos:

Algunha das ambulancias para o traslado urxente de doentes a outros hospitais non conta con conductor asignado. Ás veces utilizanse as UVI móbiles para trasladar tres e catro enfermos á vez. As ambulancias de tipo A1 non existen e utilízanse as de tipo A2 para servizos que non lles corresponden, etc.

Á falta de medios e a pésima utilización dos mesmos hai que engadir, afirma a CIG, as enormes carencias de equipamento e material na organización e funcionamento do servizo. O sindicato nacionalista afirma que a empresa obvia a lexislación vixente en canto ao uso destes veículos e as características técnicas que deben cumprir. Estas malas prácticas supoñen un grave risco para os usuarios e un deterioro evidente do servizo de transporte sanitario, fundamental no sistema público de saúde.

A CIG esíxelle ao Sergas que adopte as medidas necesarias para que a empresa adxudicataria “Ambulancias Ortigueira UTE” non siga facendo un servizo de “Ambulancias Low Cost”

Sociedade

Publica o teu comentario agora