Ameazas por SMS no conflito acuícola

Ameazas por SMS no conflito acuícola

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As mensaxes de texto enviados polos teléfonos móbiles son xa un clásico das noites electorais. Hainas de felicitación, de queixa e, polo que parece, tamén de coacción. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, vén de presentar no xulgado de instrucción de Lugo unha denuncia contra o representante da empresa ACUINOR por un posible delicto de falta de ameazas e coacc

“Tiven un pouco de medo pensando por que se acorda de min esta persoa na noite electoral”, confesou Lombardía, quen coñece a Álvarez Cascos a través dos xulgados: “Temos unha relación judicial”, explicou. O representante de ACUINOR é o promotor dunha piscifactoría en Rinlo cuxas obras foron paralizadas a través de varias resolucións nos tribunais motivadas por recursos de ADEGA. Os ecoloxistas denuncian que a instalación profanaba a zona de especial protección dun espacio inserido na Rede Natura. Aínda hai litixios pendentes que determinarán se finalmente sae adiante un proxecto avalado pola Administración Fraga que o novo Plan Acuícola frustraba.

Montse Lombardía colixe da mensaxe de móbil recibida pouco despois de coñecerse a victoria electoral do PPdeG que o representante de ACUINOR coida que é a súa empresa a que ten un choio por diante co cambio de Goberno. A ecoloxista compara a situación da piscifactoría de Rinlo co proxecto de Pescanova para Cabo Touriñán. No caso da obra no espazo protexido da Costa da Morte, o presidente electo, Alberto Núñez Feijóo, xa adiantou a súa disposición para que a comercializadora de peixe coloque alí unha das súas instalacións.

Sociedade