Ameneiro e Vigo volven á senda do éxito

Ameneiro e Vigo volven á senda do éxito
10 de Xuño, 2019 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

Edgar Vigo e Fátima Ameneiro volven á senda do éxito en Ourense. O rallye da cidade das burgas disputouse este fin de semana. Despois dos problemas mecánicos que sufriran nas 3 primeiras citas do campionato, Escudería Faraón e o equipo, chegaron ao acordo de buscar un novo preparador para o resto de tempada, sendo o escollido, GC Motorsport.

Ameneiro e Vigo en Ourense

O rendemento do 208 R2 catalán, foi magnífico e iso reflectiuse na confianza que lle achegou ao equipo.  Quedaron na segunda posición no R2 do CERA e na primeira posición de duas rodas motrices do S-CER. Con este resultado, Édgar e Fátima aúpanse ao liderato do S-CER en 2 rodas motrices, empatados co piloto burgalés Efrén Llarena a 40 puntos.

Deportes

Publica o teu comentario agora