Amor, amor, amor, decía a canción

Amor, amor, amor, decía a canción

12 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unhas 30 cartas de amor chegaron ata o momento a mans do xurado do Certame de Cartas de Amor que convoca Radiofusión con motivo do Dia dos Namorados. Reúnese mañán no Parador de Turismo de Ferrol, presidido pola escritora Dulce López Rivera, que dará a coñecer o fallo a primeira hora da tarde. No Parador ferrolán disfrutará o gañador ou gañadora dunha cea e unha noite romántica.

Unhas trinta cartas chegaron esta mañán ao concurso de Cartas de Amor organizado por Radiofusión con motivo do Dia dos Namorados. A maioría proceden dos lugares máis variopintos de Galicia pero tamén chegaron misivas amorosas dende Portugal ou Granada.

O xurado reúnese mañán sabado ao medidía no Parador de Turismo de Ferrol. A escritora Dulce López Rivera presidirá o xurado que completan o alcalde de Fene Iván Puentes,  a concelleira de Cultura Carmen Silvar, un representante de cada grupo político da Corporación e Henrique Sanfiz, que actuará como secretario.

O premio daráse a coñecer mañán mesmo a primeira hora da tarde nesta páxina web e no informativo de Radiofusión ás 13,30 h.

Sociedade