Amor romántico pero libre

Amor romántico pero libre

21 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Educar a percepción para percibirnos a nós mesmos doutros xeitos, a sensibilidade, o tacto, mesmo a respiración, coeducar eróticamente á xuventude e rachar cos modelos e conductas patriarcais, son algunhas das prácticas que se están a por en marcha no eido da educación emocional das novas xeracións co obxectivo de erradicar as conductas de violencia contra as mulleres. A investigadora universitaria Rosario Altable expuxo éstes modelos

A historiadora Rosario Altable referíuse á violencia de xénero como unha consecuencia inevitable dos modelos violentos de sociedade patriarcal que aínda perviven na sociedade. Nestes modelos, que son asimilados tanto por homes como por mulleres, pero con grandes diferencias, as relacións seguen estando tremendamente marcadas pola sumisión feminina fronte ao varón, circunstancia que remata por conformar estas situacións como modelos de eróticos e de amor.

A docente referíuse aos que considera motores de cambio destas tendencias, que resumíu en cambios na estructura familiar, na educación dende a infancia e nos medios de comunicación como xeradores de estereotipos e de opinión.

Sociedade