Amplíase a cobertura de zonas wifi en Ares

Amplíase a cobertura de zonas wifi en Ares

01 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ares vén de ampliar as zonas wifi en lugares públicos do municipio. O obxectivo desta medida é a de seguir achegando as novas tecnoloxías aos cidadáns. A cobertura exténdese a parte da avenida do Mazote. Esta actuación resposta a unha demanda dos veciños desta rúa da vila, que teñen moitos problemas de acceso a Internet.

O técnico informático do Concello vén de instalar un punto de acceso no local da Tenencia, en Redes, e na actualidade estase á espera de que Telefónica active a liña. O local da Tenencia era a única das sedes sociais do municipio que non tiña wifi. Tamén está pendente para vindeiras datas a ampliación, coa colocación  doutros puntos de acceso, a mellora das wifi no Outeiro de Chanteiro e no CIRS de Cervás.

Por outra banda, o Concello incrementou o número de equipos informáticos das dependencias municipais para uso dos veciños. En concreto, trátase do aula de informática, que pasou de seis a doce equipos  e de dous na Biblioteca.

Sociedade