A ampliación do Adelaide

A ampliación do Adelaide

07 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Australia baralla a posibilidade de ampliar a obra do segundo buque anfibio que se construe en Navantia Ferrol. A ampliación implicaría que todo o barco se fabricaría na ría, e non o 80 % como estaba previsto inicialmente. Supoñería a construcción de sete novos bloques, e sumaría arredor de cincocentas mil horas de traballo. Serviría para amortiguar e retrasar despidos nas compañias auxiliares, segundo fontes sindicais.

A posta de quilla do Adelaide celebrouse en Navantia en febreiro do 2011. A súa entrega está prevista para o ano 2015. O primeiro dos anfibios australianos, o Canberra, entregaráse ao país oceánico no 2014. Australia contratoulle a Navantia os dous buques en novembro do 2007.

Sociedade