Amplo abano de ofertas na programación cultural de novembro de Ferrol

Amplo abano de ofertas na programación cultural de novembro de Ferrol

29 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellería de cultura de Ferrol dirixida por Mercedes Carbajales presentou esta mañá a nova programación cultural para o vindeiro mes de novembro. Entre as novidades máis salientables destaca o desprazamento a Ferrol do Festival de Sinsal coa actuación de Tender forever no Torrente Ballester. O Jofre acollerá unha nova edición do Concurso Internacional de Piano e do Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón. A programación incl&uacut

As iniciativas culturais en novembro continuarán a ter como escenarios o Centro Torrente Ballester, o Teatro Jofre, o Centro Cívico de Caranza e o Centro Cultural Carvalho Calero. A oferta de actividades, terá como pratos fortes a celebración do prestixioso Concurso Internacional de Piano, que terá lugar no Teatro Jofre do 21 ao 28 de novembro, o Festival Sinsal, do que Ferrol se convertirá nunha das súas extensións, ou o XIX Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón (os días 8 e 9 de novembro). Así mesmo, continuarán desenvolvéndose os ciclos “Domingos a Escena”, “Cultura nos barrios”, “Dentro da caixa escénica” ou “Escena familiar”·

O Concello continúa a súa aposta por normalizar a programación de danza o terceiro domingo de mes con actuacións como a que ofrecerá a compañía Transit Dansa, que presentará o seu espectáculo “Las mujeres de Shakespeare”. Tamén en danza darase continuidade ao ciclo “A Caixa escénica”, que nesta ocasión levará ao Jofre a David Loira co seu espectáculo “Over de Rainwon”.

No tocante á música, e como pratos fortes da programación, destaca a actuación que ofrecerá no Jofre a compañía Camerata Lírica de España ou o pianista Carles Santos, músico residente do Teatre Lliure que chegará a Ferrol co seu grupo instrumental Barcelona 216. A música contemporánea ou a copla de Diana Navarro terán tamén o seu espazo nesta programación, e respeto ao teatro, subirán ao escenario compañías como Teatro do Atlántico, que representará a obra “O xogo de Yalta. Afterplay” ou Bambalinas Asasinas, coa súa función “Maté a un tipo”.

Unha das novidades máis importantes, tal e como subliñou a edil Mercedes Carbajales, é a inclusión de Ferrol como extensión do prestixioso Festival Sinsal, que ten a súa sede en Vigo e outras dúas extensións: A Coruña e Santiago. A cita será o 20 de novembro na capela do Centro Torrente Ballester, con Tender Forever, nome baixo o cal se agocha Melanie Valera, unha rapaza francesa afincada en Portland que reivindica a sinxeleza tras a sorpresa dos seus dous primeiros discos.

Outro dos pratos fortes da nova programación é o Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol, que chega á súa XXIII edición. Celebrarase do 21 ao 28 de novembro no Teatro Jofre e un ano máis reunirá na cidade a prestixiosos pianistas nacionais e internacionais de entre 16 e 35 anos que optarán ao primeiro premio de 10.000 euros.

Cultura