Anaís Prieto, vencedora no certame fotográfico do CEIP Conde de Fenosa de Ares

Anaís Prieto, vencedora no certame fotográfico do CEIP Conde de Fenosa de Ares

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Anaís Prieto, estudante da ESO do CEIP Conde de Fenosa de Ares, resultou gañadora do certame fotográfico organizado pola Anpa do centro para alumnos de secundaria. “Estacas” é o título da instántanea gañadora. Unha paisaxe feita desde este enclave aresano onde a rapaza puido plasmar un punto onde o sol enfocaba o obxectivo dando sensación de atardecer en vez de pleno día. Unha imaxe fermosa coa que obtivo unha cámara fotogr&aa

“Estacas” foi seleccionada polo xurado do certame composto por profesores do centro e membros do ANPA fronte aunha trintena de fotos presentadas ao concurso. Aldara Vilar con “Ceo rosa” e Javier Cendán con “Xunqueira” quedaron finalistas. As tres instantáneas imaxes paisaxísticas de gran fermosura. As 18 fotografías máis destacadas amósanse na Alianza Aresana onde Anaís Prieto recibiu o premio.

A idea deste certame xurdiu da ANPA do CEIP Conde de Fenosa para crear unha actividade para o alumnado da ESO. Unha primeira edición que terá continuidade no 2011, segundo explicou a presidenta, Elena Perille.

Sociedade