Ana Luisa Bouza (BNG): “Os orzamentos da Xunta impactarán negativamente no IPC galego”

Ana Luisa Bouza (BNG): “Os orzamentos da Xunta impactarán negativamente no IPC galego”

19 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Recurtarán servizos e criación de emprego. Esa é a análise do BNG dos orzamentos da Xunta para o 2011, segundo indicou esta mañá en Ferrol a deputada nacionalista Ana Luisa Bouza. O Bloque defende a necesidade de perseguir o fraude fiscal e aumentar o gravame para manter o nivel de ingresos. Tamén insisten na importancia de manter o gasto social. Agora o BNG atópase nunha terceira fase de enmendas parciais onde definirán as súas prioridad

A responsable de organización da Executiva do BNG en Ferrolterra, Jessica Fernández, presentou as enmendas de tipo social relativas a sanidade, ao plan de choque de redución das listas de espera, creación de centros de Dia e escolas infantís, construción de vivendas de protección pública ou mellora dos centros de ensino. No capítulo de infraestruturas priorizarase a Vía de Alta Capacidade Ferrol- San Cibrao ou a estrada de Mugardos.

As enmendas presentadas polo BNG aos orzamentos da Xunta suporán un incremento de 73 millóns de euros para a comarca de Ferrolterra.

Institucional