Ana Pontón (BNG): “Agardamos escoitar a voz da Secretaría de Igualdade arredor da Lei da Familia”

Ana Pontón (BNG): “Agardamos escoitar a voz da Secretaría de Igualdade arredor da Lei da Familia”

13 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“Situará a Galicia á vangarda estatal por ser unha necesaria actualización da normativa vixente”, declarou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, en maio de 2010 cando aínda confiaba en que a Lei de Apoio á Familia e á Convivencia fose aprobada antes de que rematase o ano. Medio ano despois e coa norma aínda en forma de anteproxecto, “vangarda” e “actualización” son dous termos que contrastan co demoledo

“Regresiva”, “patriarcal”, “reducionista”, de “pouca incidencia práctica” e cunha “profunda carga ideolóxica”. Así se cualifica ao anteproxecto de Lei da Familia no ditame que o Consello Económico e Social, un dos órganos consultivos da Xunta, aprobou con 15 votos a favor e oito en contra. A norma, que pretende crear un marco para regular as políticas autonómicas para atender as unidades de convivencia, foi severamente criticada no informe ao entender que “recupera a retórica da familia heterosexual e a maternidade como rol social vital das mulleres”. 
O anteproxecto sinala entre os seus obxectivos o “fomento da natalidade” e o “dereito á vida en formación”, abundando así nas teses das organizacións antiabortistas como Red Madre ás que a Xunta xa concedera a xestión dunha rede de apoio ás mulleres embarazadas financiadas con fondos públicos. Entre as novidades da Lei figurará a consideración como unidade familiar da muller xestante, aspecto criticado polo CES, xa que na prácticas equipara aos fillos “nacidos” con “concibidos”, unha comparanza que “non se axusta a dereito”, di o órgano consultivo”. Isto permitiría, por exemplo, que as embarazadas tramitasen xa axudas ou praza en garderías para fillos aínda en xestación. 
A normativa que promove a Consellaría de Traballo e Benestar, e que tamén defende os dereitos das familias numerosas, fai fincapé na promoción da “acollida e adopción” como “alternativa” para que a muller xestante continúe co seu embarazo, pero o CES amoesta á Xunta por evitar calquera mención á “protección institucional” que tamén merecen as mulleres que “decidan interromper voluntariamente o seu embarazo”. O Consello recomenda diferenciar entre “maternidade” e “sexualidade” e pide “respecto á liberdade” da muller. Reducir o desenvolvemento persoal ao modelo tradicional de familia resulta “inxustificado”, resolve o informe. 
Porén, preguntado polo rexeitamento aberto á actual redacción da Lei de Familia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa aventurou que non arredará ao Goberno dos seus plan: a facultade de gobernar é “indelegable”, respondía trala reunión semanal do Executivo autonómico. 
Institucional