Ana Pontón propón solucións para Ferrolterra

Ana Pontón propón solucións para Ferrolterra
16 de Outubro, 2020 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol ten que sair da zona de sombra, afirmou esta mañá a portavoz do BNG Ana Pontón. Debense aproveitar os fondos COVID da Unión Europea para fortalecer o tecido produtivo e avanzar cara unha economía verde. É necesario un cambio de rumbo nunha cidade pensada a escala humana.

ESCOITA O PODCAST:
 Ana Pontón e Mon Fernández no Parador de Turismo de Ferrol

Modernizar as instalacións dos estaleiros, potenciar o deseño e a innovación e recuperar a construción naval civil, son as receitas da formación nacionalista. En relación coa ria de Ferrol, Ana Pontón defendeu pechar os bancos das Pias para estudar as causas da escasa produción e combinar esa medida con axudas ao marisqueo e implicar ás confrarias para mellorar as zonas produtivas.

O BNG tamén quere impulsar o ferrocarril de cercanias cunha Xunta de Galicia implicada na potenciación do FEVE e na modernización da via entre Ferrol e A Coruña.

No arquivo sonoro: o Concelleiro de Ferrol, Iván Rivas; o deputado por Ferrol, Mon Fernández e a Portavoz nacional do BNG, Ana Pontón na rolda de prensa que ofreceron o 16 de outubro de 2020 no Parador de Turismo de Ferrol.

Institucional

Publica o teu comentario agora