Andade promove por primeira vez en Galiza unha xornada destinada a persoas amputadas

Andade promove por primeira vez en Galiza unha xornada destinada a persoas amputadas

13 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O vindeiro día 22 de setembro terá lugar, por primeira vez en Galicia, a “Xornada demostrativa de portas abertas para amputados/as galegos/as” en Lestedo- Boqueixón, no Restaurante Vía da Prata, sito na rúa de Pazos, nº 16, en horario de 9:30, a 16:00. Nesta xornada, promovida pola asociación ANDADE, a empresa OTT.BOCK Ibérica presentará as últimas novidades en próteses, e dará resposta ás preguntas e i

OTTO.BOCK é o maior fabricante de próteses e órteses, e desplazarán a Galicia a un grupo de expertos para presentar aos amputados/as galegos/as as útimas novidades en próteses e outros compoñentes. Ao mesmo tempo, farán algunhas demostracións das próteses de última xeneración e convencinais, dando explicacións de como funciona cada prótese e como facer un bo uso delas aproveitando todos os recursos que ofrecen.

Programa da xornada

Día  22 de Setembro,
Lestedo, Boqueixón. Rest. Vía dá Prata (Santiago de Compostela)  

09:30 - 10:00 - Benvida ?  D. José Cougil Bugallo, Delegado de Andade en Galicia e Carlos Ventosa (Presidente Andade)
10:00 - 10:30 - Introdución Ottobock ? Moritz Humpert- Mercadotecnia OB
10;30 - 13:30 - Produtos e Solucións Ottobock en Extremidade inferior  

Federico Albarrán
ProSeal, Genium, Nova C-Leg, Liners Novos
Características de funcionamento e compoñentes
Tecnoloxía
Coloquio, dúbidas, suxestións,etc.
13:45 - 15:00 - Comida
15:00 - 16:00 - Produtos e Solucións Ottobock en Extremidade Superior  

Anxo Gascon
Man Michelangelo,  Michelangelo Vari Plus Speed, Cóbado 1240  
Características de funcionamento
Tecnoloxía
Coloquio, dúbidas, suxestións, etc.
16:00 - Fin de Xornada

Sociedade