Andaina nocturna coa Santa Compaña

Andaina nocturna coa Santa Compaña
16 de Outubro, 2019 - 02:03 h. | Publicada por Radio Fene

A sociedade Agarimo convoca a “V Andaina Nocturna coa Santa Compaña por Sillobre” o vindeiro sábado 19 de outubro, con saída ás nove da noite do local da entidade. As inscricións fanse no local ata mañá xoves como último dia. Andaranse entre sete e nove quilómetros aproximadamente, cunha dificultade media.

Campá da igrexa parroquial de Sillobre

Hai un carreiro polo que se di que pasa a Santa Compaña, esa temible e adorada procesión de almas penitentes que, vea invisible en man, percorre os carreiros galegos anunciando a próxima defunción dalgún fregués. Por ese carreiro chégase, tras lidar cos toxos que dificultan o paso e as esvaradías pedras napadas de brión, até unhas cruces de pedra que sinalan o lugar onde morreron a puñal, froito dos celos, uns mozos nunha festa estival campestre.

As crónicas do sochantre. Álvaro Cunqueiro

Sociedade

Publica o teu comentario agora